Bos días 🌅, boas tardes🌇 ou
boas noites🌒
O traballo desta semana de sociais é unha investigación.
Tendes que investigar a unha persoa importante da idade moderna, e con moderno non me refiro a Marron o do formiguerio, senon a queles cientificos, pensadores, pintores, escultores... iluestres que viviron nos séculos XVI a XVIII.
tende en conta que nestes séculos houbo 3 correntes de pensamento (renacentismo, barroco e a ilustración) podedes escoller a quen vós queirades. (leede toda a entrada)
Aquí vos deixo un par de vídeos de cada unha destas correntes nas que se fala de algúns dos seus máximos exponentes.
Este traballo tendes que facelo para entregar, polo que é preferible que sexa en folio, con portada e anotando de onde sacáchedes a información ao final (bibliografía) .
Empregade os márxes e paxinade as follas, ten que ter unha extensión de entre 2 e 4 carillas sen contar a portada.
E tendelo que facer a man.
Nel tendes que falar un pouco da época na que viviu esa persoa explicando as principais características da mesma , é dicir, se fose a día de hoxe falariamos das tecnoloxías da información e comunicación, dos coche híbridos, do 5g, da democracia, da crise sufrida polo coronavirus...
E centrarvos na figura de esa persoa, sinalando por que era tan importante, as súas ideas ou inventos... e sobre todo por que o elexichedes en medio de tantos outros.
Este traballo permitirá subir ata un punto a nota media de sociais.
Para facelo tendes ata o día 3 de Xuño, en todo este tempo podedes enviar as partes que teñades para corrección. O día 3 será o ultimo no cal se poderá entregar o traballo para a súa corrección final.
DESPOIS DESE DÍA NON SE VALORARÁN OS TRABALLOS.
NOTA: como probablemente a moitos vos custe escribir reto nun folio, deixovos unha plantilla para poñer debaixo do folio en branco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario