jueves, 30 de abril de 2020

Día das letras galegas


Bos dias a todos


Este é un aviso da Profe Tara para todos:

"para celebrar o día das letras galegas precisamos que todos os nenos pensedes unha palabra tipicamente Galega"


Isto quere dicir que cada un de vós, ten que pensar unha palabra en galego que vos guste, pero evitade as míticas de amor, solidariedade... é dicir estamos buscando esa palabra coa que fardades de saber galego, coa que impresionades por exemplo a un Vasco cando vos pregunta.


Por exemplo o meu pai  o que coñecen como o "o pelouro" encántalle a palabra cinguidoiro; ou o meu mozo cada vez que chega a casa pregúntame : lore non haberá un petisco ou unhas lambonadas?

As palabras que pensedes mandademas e eu fago unha lista para enviarlle a Tara. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario