Bos días 🌞, boas tardes
ou boas noites ✋
Para o que queda de semana o traballo será moi sinxelo.
Como xa sabedes eu pouco estiven por Vilanova de Lourenzá é os seus arredores. Por iso gustaríame que esta semana me fixerades unha recomendación de lugares, monumentos e gastronomía típica da vosa zona. Para que cando volva non me perda nada e coñeza un pouco mellor a zona.
Eu tamén os farei unha pequena recomendación de Vigo e os seus arredores.
Ao igual que coa tarefa de lingua do Martes 13 déixovos un Drive no que podedes escribir a vosa recomendación e onde eu deixarei a miña.
Espero ansiosa as vosas recomendacións 👀

No hay comentarios:
Publicar un comentario